A voltas cos muiños

A voltas cos muiños

27 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O fallo xudicial que corrobora a legalidade do concurso eólico convocado pola consellería de Innovación e Industria que dirixía o nacionalista Fernando Blanco, podería supoñer un gasto de 300 millóns de euros para a Xunta de Galicia, segundo cálculos citados hoxe polo Xornal. O citado diario tamén publica a opinión sobre o fallo do an

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respalda  a legalidade do decreto eólico de 2008 e desestima o recurso contencioso-administrativo que contra el presentara a empresa Enel Green Power. A compañía italiana, á que non se lle concedera ningún megawatio no antigo concurso, cuestionara até quince aspectos do decreto eólico, mais o Alto Tribunal galego tira por terra os seus argumentos. Resolve que a orde xa derrogada axustábase aos requisitos legais. Desta maneira, desestima as eivas de legalidade do desenvolvemento do negocio eólico que o PP esgrimira para xustificar a suspensión das adxudicacións e posterior derrogación do concurso.

Institucional