Voluntario rumbo Romanía

Voluntario rumbo Romanía

08 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O vindeiro 15 de febreiro o Concello de Boiro enviará de novo a un voluntario para participar nun proxecto europeo en Romanía. Con este xa son 6 os mozos (4 nun proxecto en Romanía, un nun proxecto en Irlanda e outro nun proxecto en Italia) que na actualidade foron enviados pola entidade local dentro do proxecto Xuventude en Acción para participar en proxectos de diversa índole, fundamentalmente do eido social. Concretamente, este novo voluntario

Tanto técnicos como a Concelleira de Mocidade, Dores Torrado, destacan o éxito que está a ter o programa de voluntariado europeo e as elevadas peticións que teñen na oficina de información xuvenil non só procedentes da comarca do Barbanza, senón que son moitos os mozos que recorren á oficina de Boiro procedentes doutros concellos para tomar parte desta iniciativa. Ata o de agora o país con máis demanda foi Romanía, posto que é un dos países con máis proxectos activos para acoller a voluntarios, pero as ofertas son moi variadas tanto en temática como en ubicación.

A Concellería de Mocidade, que ata o momento participou como entidade de envío e acollida no Servizo de Voluntariado Europeo, nun intercambio en Holanda para formación de traballadores xuvenís e nun intercambio con mozos europeos en Sicilia, seguirá apostando dentro das liñas de participación xuvenil pola súa implicación nos  programas de Xuventude en Accióne as actividades que fomenten a movilidade xuvenil, feito que se demostra con dous proxectos que acaba de solicitar dentro dos programas europeos, un novo intercambio xuvenil que se realizará no verán na localidade e unha visita á cidade Italiana de Venecia e Selvazzano.

Sociedade