Volve Cris

A pesar dos inconvenientes, que son moitos, o Maniños feminino segue arriba.
05 de Febreiro, 2019 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños de Futbol 8 mantense segundo a pesar das moitas baixas que teñen. Pero o sabado recuperan a Cris, todo un puntal para o conxunto do Pote.

ESCOITA O PODCAST:

As que están apuradas son as do Cultural Maniños de futbol 8 que veñen de caer frente ao Discalzas no último encontro. Discalzas 1-Maniños 0. O equipo do Pote acude aos encontros baixo mínimos. Teñen moitas baixas por motivos difrentes e a maiores están sen porteira. Polo menos recuperan a Cris para o próximo encontro. Segundo afirma David Montero " A pesar de todo, o Maniños feminino segue ocupando a segunda praza e iso ten moito mérito".

Maniños- San Sadurniño enfróntanse o sabado no campo do Pote, ás 19.00h. Cultural Maniños son segundas con 34 puntos e as rivais, cuartas con 33. Así que será outro choque de rivalidade. Manterse aí como segundas clasificadas é o obxectivo do Maniños feminino esta temporada.

Deportes

Publica o teu comentario agora