Volve o “Merdeiro” á zona vella de Vigo

Volve o “Merdeiro” á zona vella de Vigo

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os cigarróns en Verín, os Peliqueiros en Laza, as Pantallas en Xinzo e os Merdeiros nas rúas da ribeira do Berbés, en Vigo. Unha figura creada polos mariñeiros desta zona para ridiculizar ás xentes do rural, que o Centro Social A Revolta leva recuperando desde hai cinco anos co apoio da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello. Neste Entroido os Merdeiros sair&

A historia desta figura do Entroido urbano, reflicte o enfrontamento entre o mundo rural e mundo mariñeiro. No seu día, as persoas do rural vigués que se aproximaban ata a ribeira do Berbés a recoller o escaviche (refugallos de peixes e algas) eran os escavicheiros. Na escuridade da noite recollían estes restos para adubar as leiras á luz do seu candil.

Chegado o Entroido os mariñeiros do Berbés vestíanse roupas e elementos (cebolas, grelos, varas...) que recordaban aos escavicheiros e ridiculizaban o seu comportamento, esaxerándoo. Utilizaban unha careta que cubría a súa cara e eran mal falados. Sós ou ben en parellas, saltaban polas rúas do que no seu día foi o centro da cidade de Vigo (actual zona vella), provocando as risas e os arrepíos daquelas persoas que ousaban cruzarse no seu camiño.

Non obstante, ademais de recuperar esta singular figura do Entroido vigués, A Revolta ten preparadas outras actividades. O sábado, a partir das dez da noite, celebrarán no propio centro social un concerto no que actuarán Os Chiquilicuatres. A entrada custará tan só dous euros. Ao día seguinte, o domingo, realizarán un xantar popular a base de cocido propio destas datas a un prezo de dez euros e, pola tarde, Roger de Muskaria tocará unhas pezas. Artista que repetirá o martes 24 acompañado dos seus monicreques para facer as ledicias dos máis novos.

 

Sociedade