Volve Paula Carballeira a Perlío

Contará historias para adultos no CCRD este sabado
29 de Maio, 2019 - 11:35 h. | Publicada por Radio Fene

O sabado 1 de xuño ás 20:00h Paula Carballeira conta historias, preferentemente para persoas adultas, no CCRD de Perlío.

ESCOITA O PODCAST:

Paula Carballeira volve ao CCRD de Perlío este sabado 1 de xuño. Virá desta vez a Fene a contar historias para adultos. Será este sabado ás 20 horas, segundo nos anuncia a vicepresidenta do Círculo de Perlío, Mariola Hermida. Contos para persoas adultas ou contos para a rapazada apenas se distinguen a non ser a complexidade da historia. Porque Paula Carballeira defende que iso das idades é moi relativo. Facíao cando falamos con ela do seu libro "A burra Ramona", declarándoo un libro para todas as idades.

Recuperar a oralidade, a maneira de contar que tiña o pobo galego e que lle valeu a súa permanencia. Iso defende Paula Carballeira. (Na imaxe, a narradora en Radio Fene)

Paula Carballeira (Fene,1972) é licenciada en Filoloxía Hispánica; escritora, dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral.

Cultura

Publica o teu comentario agora