Volve San Luís e arriba Media Markt a Ferrol

Volve San Luís e arriba Media Markt a Ferrol

16 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No meido da crise que se traga tantos proxectos empresariais no sector comercial, Ferrol asiste estes dias á apertura de dous establecementos do mesmo ramo, San Luís e Media Markt. O primeiro reabre as portas no polígono da Gándara e o segundo ábreas o xoves 23 na nova área comercial do Boial.

Media Markt, empresa líder en España e Europa na distribución de electrónica de consumo, presenta  e abre a sua tenda en Ferrol, ubicada no novo Centro Comercial de O’Boial o dia 23 de outubro. O xerente da firma en Ferrol, Jorge Medina, e o Director rexional, Xavier Rofes, serán os encargados de presentar o proxecto que fixo famoso o slogan “yo no soy tonto” na mañá do mércores da semana que ven, o dia 23 no propio Centro Comercial do Boial. O acto de inauguración oficial do establecemento será o mesmo dia, ás 19,30h e cortará a cinta o Alcalde de Ferrol.

A Aula de Graos da Facultade de Informática acollerá mañá xoves, 17 de outubro, ás 12:30 horas, a conferencia do empresario Lorenzo López Vázquez, titulada Coñece as empresas da túa contorna: Grupo Empresarial San Luís.
Lorenzo López Vázquez, o empresario que fundou o grupo empresarial San Luís na década dos setenta na Coruña e que máis tarde vendería, exporá os motivos polos que decidiu volver a mercala nesta época de crise e o seu proxecto de reapertura, incluíndo as innovacións estratéxicas e tecnolóxicas que se contemplan. Precisamente unha das tendas San Luís volve abrir as suas portas no polígono da Gándara, onde pechou Darty hai uns meses.

Sociedade