Volvemos á feira do 21

Volvemos á feira do 21
10 de Xuño, 2020 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Cabanas retoma a feira do 21 neste mes de xuño despois de non celebrarse desde febreiro, pero prohibe as fogueiras da noite de San Xoan no areal da Magdalena.

ESCOITA O PODCAST:

A feira do 21

Despois de tres meses sen feira, Cabanas volve abrir a Feira do 21 correspondente ao mes de xuño. A feira do 21 de Cabanas é unha feira histórica polos 109 anos que ten ás costas. O concello tiña programado unha serie de actos especiais para festexar o 109 aniversario pero a Covid19 impídello. Non pasa nada, os actos adíanse e celebraranse o ano que ven, cando a feira cumple un número aínda máis redondo, 110 anos. O concelleiro responsable da área de Promoción Económica de Cabanas, Iago Varela, explícanos que hai moitas testemuñas históricas desta cita comercial que no seu momento tivo tal éxito social que cambiou o calendario comercial de toda a contorna, ata o punto de que todas as pequeñas feiras mudaron de día para acoplarse á inaprazable cita co lugar da Magdalena. cada 21 de mes. “Sempre se ubicou no mesmo lugar, aínda que antes estaba máis próxima á capela da Magdalena” lembranos Iago Varela. “ Contamos con recreacións artísticas da feira do 21, do pintor Abelardo Miguel ou do escritor Ramiro Fonte” afirma orgulloso.

A noite de San Xoan

A feira celebrase no paseo da Magdalena moi preto do areal onde tal día como o 23 de xuño danse cita centos ou milleiros de persoas para saltar as fogueiras de San Xoan. Pero este ano non pode ser. O concello ten prohibido encendelas nesta zona porque non se poden garantir as normas da alarma sanitaria. “As recomendación sanitarias non son compatibles coa celebración desa maneira. Non se pode garantir a distancia social” afirma Varela, para recomendar desde o concello que a xente retome a tradición e celebre a noite de San Xoan nas suas fincas coa familia ou amigos. Por suposto coas precaucións necesarias e o coidado do lume.

 

Na imaxe, cadro do pintor eumés Abelardo Miguel ( Pontedeume 1918- 1991) recreando a feira do 21 de Cabanas.

Cultura

Publica o teu comentario agora