Volvemos á neve

Volvemos á neve
13 de Novembro, 2019 - 01:35 h. | Publicada por Radio Fene

Na campaña da Deputación provincial haberá cinco quendas e a Fene correspóndenlle oito prazas para a quenda do 21 ao 24 de febreiro.

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación provincial da Coruña. Está dirixida a rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, incluídos (cumplidos a 31 de decembro de 2019), e ofrece cursiños, estancia e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso de Fene, correspóndenlle oito prazas para a quenda do 21 ó 24 de febreiro.

Para participar é preciso formalizar a preinscrición no departamento de Cultura e Deportes –Avenida Naturais, 44, entrechán-, ata o 4 de decembro, de luns a venres de 9 a 13,30 horas. Terán preferencia os rapaces e rapazas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación e, no suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, o Concello realizará un sorteo público no salón de plenos.

O custe da actividade é de 85 euros e inclúe transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta, (os puntos da comarca onde terá lugar a recollida notificaranse con anticipación).

Deportes

Publica o teu comentario agora