Volven as “Noites de Tasca”

Volven as “Noites de Tasca”

03 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O grupo de gaitas "Os Viqueiras de Ordes" continúa un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes. Este venres, 7 de outubro, comeza a 4ª tempada que se celebrará no Bar Calviño na Pontepedra (Tordoia), a partir das 10 da noite.

Contan ca presenza do mestre gaiteiro, artesán e ferreiro: Evaristo de Sofán, en plena forma aos seus 78 anos. Despois dará paso á Foliada na que poden participar os músicos e grupos que o desexen.
Colaboran ca organización: o concello de Tordoia e a Asociación cultural O Buxo.
 

Sociedade