Volven os exames de conducir

Volven os exames de conducir
22 de Maio, 2020 - 10:36 h. | Publicada por Radio Fene

As autoescolas reabrirán o luns 25 de maio. Os exames do permiso de conducir reanúdanse no mes de xuño.

ESCOITA O PODCAST:

As autoescolas abrirán as súas portas o vindeiro luns 25 de maio para informar e formalizar matrículas. Continuan  á espera de información oficial da Dirección Xeral de Tráfico sobre o comezo das clases teóricas e prácticas para obter o permiso de conducir. A mellor noticia é que no mes de xuño volven os exames do carné de conducir. A DXT enviará en breve ás autoescolas o protocolo a seguir a partir da nova fase de des-escalada.
Segundo a información facilitada polo responsable da autoescola Formación Vial Casal de Fene, Raúl Casal, os exames volverán no mes de xuño, empezando por aquelas persoas que perderan os puntos do carné. Continuarán polos permisos especiais de mercadorías perigosas. Estes terán prioridade para seguir despois co resto de modalidades. Tráfico vai empezar as programacións dos exames de xuño e seguirá facendo o propio nos meses posteriores. Probablemente se reduza o número de persoas examinadas por día, de 12 a 10. As probas seguirán realizándose no Centro de Exames do polígono das Lagoas en Narón, no mesmo lugar de sempre pero, iso si, en grupos máis reducidos.

Con toda seguridade estas persoas matriculadas antes do 14 de marzo, serán as primeiras en reanudar o contacto coas súas autoescolas a partir do luns 25 de maio, cando estas abran as súas portas. En Formación Vial Casal, atenderán por teléfono e presencialmente aos clientes para transmitirlles a información oficial que vaian tendo sobre a reanudación da actividade. A estes alumnos dáselle a posibilidade de realizar os trámites de maneira telemática. “Imos lentos porque hai que seguir un protocolo, e de momento non podemos impartir as clases. Agardamos que cheguen as instrucións a vindeira semana” afirma Casal. Son cinco as persoas que traballan na autoescola, ubicada na Avenida Marqués de Figueroa, 76 de Perlío-Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora