Volverá ser candidata

Maricarmen Martínez repetirá como cabeza de lista de EU nos comicios de 2019
14 de Decembro, 2018 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

A edil de EU de Fene quéixase da mala relación e a falla de diálogo entre o goberno de PP e Somos Fene coa oposición.

ESCOITA O PODCAST:

Maricarmen Martínez volverá a encabezar a candidatura de EU de Fene nas próximas eleccións municipais de 2019. EU ten tamén escollido ao numero dous da lista, Bruno Aneiros un xove de 20 anos, de Sillobre. É unha das revelacións da entrevista que mantivemos esta mañá coa edil de EU no espacio As Foxas de Radio Fene. Falamos con Martínez das fragatas que construirá Navantia, da programación de Nadal en Fene ou da falta de diálogo entre o grupo de goberno e a oposición, segundo advirte a concelleira de EU. Maricarmen Martínez queixouse tamén da falla de programación en Fene polo 25 de novembro, o Día contra a violencia de xénero.

Institucional

Publica o teu comentario agora