Volver ao cine

O Duplex cinema ofrece hoxe a proxección de O que arde
09 de Outubro, 2020 - 10:41 h. | Publicada por Radio Fene

Estamos diante dunha longa fin de semana, e unha oportunidade para volver a gozar do cine. Os Duplex recuperan as dúas exitosas produccións galegas, O que arde e A illa das mentiras.

O que arde vén de ser preseleccionada para os Oscar e os Duplex de Ferrol celébrano recuperando o filme de Oliver Laxe na carteleira unicamente hoxe venres ás 17.30h. Por aclamación popular volve tamén outro filme galego, A illa das mentiras, de Paula Cons. Será con cinco sesións ao longo da semana. Na de mañá sábado día 10, ás 17,15 volverá estar a directora na sala ferrolá. Polo demais a carteleira do cinema de Esteiro complétase coas estreas de Verán do 85, Akelarre ou Dehesa. El escondite del lince.

Pero se algo destacamos hoxe é o ciclo que os Duplex ofrecerán gratuitamente co apoio da concellería de Cultura de Ferrol arredor do cineasta francés Francois Truffaut. Serán un total de 12 películas que se proxectarán todos os martes ata o mes de decembro e que arranca o martes 13 ás 19,45h coa película “Os 400 golpes”. "Con só 14 anos, Antoine Doinel non pode evitar ser testemuña, tanto das liortas conxugais dos seus pais coma das esixencias dun profesor ruín". Así arranca o filme que no ano 1959 acadou o Oscar ao mellor guión, o premio á mellor dirección no festival de Cannes dese mesmo ano e o premio ao mellor filme extranxeiro no New York Filme Festival.

Os pases poden recollerse dende o venres anterior na presen-cialmente na sala Duplex cun máximo de dous convites por persoa.

(Na imaxe, Paula Cons na sala ferrolá o dia da estrea da súa película)

Cultura

Publica o teu comentario agora