Volveremos a vernos

Volveremos a vernos
13 de Abril, 2020 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios e usuarias de Aspaneps siguen as indicacións dos seus titores na casa. Entre as actividades que realizan está a escritura dun "Diario da corentena" onde relatan accións e sentimentos.

ESCOITA O PODCAST:

Cando se decretou o peche de toda actividade, Aspaneps de Fene pechou o seu local e reorganizou a vida dos 20 usuarios e usuarias nas súas casas. Niso andan os traballadores de Aspaneps, turnándose para facer un seguimiento e novas suxerencias aos seus pupilos. As familias están sobradamente informadas, asegura o educador social de Aspaneps, Xavier Picos, e engade que frente a unha situación extraordinara como esta, buscamos a tranquilidade do “Volveremos a vernos”.“Turnámonos entre nós para manter o contacto semanal cos nosos usuarios e usuarias” infórmanos Picos. Son chamadas para afrontar o aburrimento porque é necesario manter certas rutinas físicas e intelectuais. Aí entra desde o vestirse ata escribir no “Diario da corentena” onde todos teñen que recoller por escrito o que fan cada día e o que sinten.

Constátase que a gran diferencia entre uns usuarios e outros reside en vivir nunha casa unifamiliar ou nun piso. Ter finca permite unha serie de actividades como cortar a herba, manter os cultivos na horta, camiñar…”O rural ten un valor significativo” destaca Xavier Picos. Os contactos fanse a través de videochamada porque permite, afirma Picos, unha conversa máis folgada e un mellor intercambio de traballos, etc…”A maiores de manter certas rutinas, facemos novas propostas para que corra o aire” explica o educador social de Aspaneps. Tamén se persigue que os usuarios manteñan o exercicio físico tipo zumba ou pilates que antes practicaban, a través da televisión ou do Facebook.

Aspaneps traballa unha horta no Castro en Perlío onde fabrica compost e atende aos cultivos de temporada. De feito, agora mesmo tiñan que plantar os tomates, algo que quedou pendente, como pendente está rematar as obras de ampliación do local que imaxinan se retomarán esta semana ao activarse a construcción. E pendente quedou, precisamente, a ampliación da actividade cun obradoiro de xardinería que pretenden retomar cando volva a normalidade.

Cando será non se sabe, pero será. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora