Volveu Uxía

Cultural Maniños 8- Libunca 1
30 de Outubro, 2019 - 11:28 h. | Publicada por Radio Fene

Contundente resultado do Maniños feminino que segue a ocupar a segunda praza na clasificación da copa, empatadas a puntos coas primeira do Galicia de Caranza.

ESCOITA O PODCAST:

Contundente foi o resultado porque contundente foi o traballo realizado polas xogadoras do Maniños que ademais estreaban novo sistema de xogo. E foilles ben, a tenor do marcador. Catro goles marcou Rebe pero soupo moi ben ao equipo e ao público o gol de penalti que meteu entre os tres paus Uxía que volvía ao terreo de xogo despois dunha longa ausencia por lesión, da que aínda se recupera. Pero tivo uns minutos que, para o Maniños, foron a mellor noticia do dia, en palabras do técnico, Carlos Gómez. (Na imaxe, Uxía transformando o penalti)

Agás os dez primeiros minutos do encontro, o Maniños estivo cómodo e acertado. Así ten gañada a segunda praza na clasificación empatadas a 12 puntos co Galicia de Caranza. As ferrolás non teñen ningún gol en contra mestres que as do Maniños encaixaron dous.

A próxima xornada, o Maniños feminino recibe ao San Sadurniño, equipo que marca as diferencias na táboa. É quinto con 7 puntos, empatado co terceiro, e vai ser a proba de lume para ver se o Maniños se consolida aló arriba. O encontro xógase o domingo ás 12 no campo do Pote.

Deportes

Publica o teu comentario agora