Votación secreta ou a man alzada

Faráse segundo a preferencia da maioría dos membros da nova corporación municipal o sabado 15 de xuño.
29 de Maio, 2019 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno de constitución das novas corporacións municipais celebrarase o sabado 15 de xuño ás 12 da mañá. EU de Fene anuncia que dará o seu voto ao candidato do BNG para a alcaldía.

plenomocionde censura2018

Fene quere ser gobernado pola esquerda, afirma Esquerda Unida nun comunicado no que anuncia o seu voto para o candidato do BNG Juventino Trigo. Esta formación que obtivo unha representante, ofrece o seu apoio para materializar un goberno progresista. Co apoio de Esquerda Unida, ao Bloque faltanlle dous votos para lograr a alcaldía. Afirman que “a cidadanía precisa un concello con gobernantes honestos, transparentes, sen cacicadas nen favoritismos”. Acusan ao Partido Popular de ser “o partido máis corrupto de toda Europa”. Ata o momento esta é única candidatura que desvelou o que fará o dia 15 de xuño.

Cando e cómo se constituirá a Corporación

A Corporación de Fene constituiráse en sesión plenaria o sábado quince de xuño ás doce do mediodia. As concelleiras do Partido Popular Juana Barro e Tamara Miragaya, como as concelleiras de maior e menor idade da nova corporación, formarán a mesa de edade que presidirá o pleno. As 17 persoas integrantes da Corporación prestarán promesa ou xuramento de acatar a Constitución e tomarán posesión do cargo. Acto seguido, procederáse á elección de alcalde. Poden optar ao posto os cabezas de lista das diferentes candidaturas. Realizaráse a votación secreta ou a man alzada, segundo as preferencias maioritarias das candidaturas, previamente consultadas pola Secretaria municipal. Se algún candidato logra a maioria absoluta, fixada en nove votos, quedará elexido alcalde. Se ningún logra ese apoio, resultará automaticamente designado o cabeza de lista da candidatura máis votada.

(Na imaxe, pleno da moción de censura Fene, 6 de abril de 2018)

Institucional

Publica o teu comentario agora