A voz de Xabier Díaz nas V Xornadas de Cultura Popular de San Sadurniño

A voz de Xabier Díaz nas V Xornadas de Cultura Popular de San Sadurniño

19 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación “Berros do Castro” organiza as V Xornadas de Cultura Popular Galega que se desenvolverán en San Sadurniño o sábado 28 de setembro. As Xornadas estructuranse en tres bloques culturais. O primeiro deles centrase nunha exposición sobre Ribadeume e Bermui, parroquias de As Pontes.

O segundo bloque das xornadas incorpora un obradoiro sobre recursos interpretativos para canto e percusión tradicional, impartido por Xabier Diaz. Como remate das Xornadas de Cultura Popular Galega, están os concertos de Xabier Diaz (músico nacido en San Valentín-Fene), das pandereteiras Albarabía de Lago e Os Melidaos de Melide.

Ramón Dopico, de Berros do Castro, defende a posta en valor da Cultura inmaterial entre os obxectivos das Xornadas que se desenvolverán na casa da Cultura de San Sadurniño o dia 28 de setembro. 

Sociedade