Xóvenes Agricultores apostará na inlac polos contratos homologados lácteos

Xóvenes Agricultores apostará na inlac polos contratos homologados lácteos

17 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Xóvenes Agricultores defenderá mañá, na reunión da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), o contrato homologado de compra-venda de leite. Para o seu Secretario Xeral Técnico, Juan Pérez Orzoco, este medio é “un instrumento para garantir a transparencia das relacións entre produtores e industrias, sobre todo tendo en conta a actual conxuntura de prezos á baixa que están a percibir os gandeiros&rdqu

Pérez Orozco tamén aposta pola lei de marxes comerciais, “dado que o principal problema do sector leiteiro, e en xeral de todo o sector primario, é un problema de prezos”. Por isto, “os contratos homologados deben ser o camiño para establecer un marco de estabilidade nas relacións entre industrias e produtores”.

 

 

Segundo os datos manexados por X.X.A.A., nestes momentos só existen en Galicia algo máis de 900 contratos homologados, cando os produtores ascenden a máis de doce mil. Pérez Orozco dixo, tamén, que “a extensión dos contratos homologados daría forza aos gandeiros e ás organizacións agrarias e evitaría baixadas unilaterais de prezos por parte dalgunhas industrias".

        

Por outra banda, Pérez Orozco felicitouse de que o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) estea a devolver as retencións indebidas a conta da taxa láctea, que en Galicia afectaron a algo máis de seis mil oitocentos gandeiros.

Sociedade