X Fenerock, en estado puro

X Fenerock, en estado puro

12 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O barrio de San Valentín de Fene revive esta semana. Xa instalaron a carpa que acollerá o venres 14 e sabado 15 de setembro a X edición do Fenerock. A organización comunica algunhas novidades do Festival que se achegará ao paseo marítimo de San Valentín. A Asociación de xogos populares e tradicionais desprazaráse á ubicación da festa e guiará a realización de diferentes xogos e enredos para nenos e nenas o s&aacu

Catro grupos por día completan o cartel deste ano. A xornada musical do venres trae a Fene a Sherpa (baixo e voz de Barón Rojo) e Julio Castejón (guitarra e voz de Asfalto) xuntanse na xira "Historias Gemelas" con parada no FeneRock. Tocarán en San Valentin o venres 14, xunto con Ültima Experiencia e Bulldozzer.

O sabado suben ao escenario: os locais No Quartet e Natural Green. Trogloditas de Barcelona e Gran Wyoming e Los Insolventes, que repiten este ano. A banda que acompañóu a Loquillo durante 30 anos volve máis troglodita que nunca, segundo Rodeiro.
Véndense tamén camisetas conmemorativas dos 10 anos da cita co rock en Fene.

Sociedade