Xa está entre os bos

O empate co Barallobre xa lle chegou ao Perlío para clasificarse
05 de Novembro, 2018 - 10:01 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío 1 - 1 Barallobre. Reparto de puntos no campo dos Pinares. O punto logrado servelle ao Perlío para certificar a súa clasificación para o grupo bo da Segunda Galicia de fútbol.

ESCOITA O PODCAST:

O técnico do Perlío, Chechu Piñeiro, amosouse moi satisfeito coa clasificación e con gañas de traballar para facer un bo papel na segunda fase. En relación co encontro celebrado onte nos Pinares, Chechu Piñeiro cre que o Perlío fixo un bo partido, tiveron sempre o balón e moitas ocasións, aínda que pecaron de precipitación no borde da área. Na primeira parte tiverona Cristian e Alvaro Palma. Na segunda a punto estiveron, Xavi e Diego Muíños. Foi Pocho quen adiantou ao Perlío co gol na metade da segunda parte do encontro. O Barallobre conseguiu empatar no tempo de desconto.Para o seu adestrador Óscar Varela, o resultado foi xusto.

Agora o Barallobre terá que agardar ata a última xornada para esperar pola esperada clasificación. Debe gañar no campo do Ramo diante do Rápido de Neda e esperar ao que fagan o Cebarca e o Narahío.

Na próxima xornada, o Perlío visita ao Vilarmaior. Xa se acudirá alí sen presión ningunha pero o técnico do Perlío non se fía dese campo que sempre se lles atraganta e que probablemente vai estar impracticable, polas abondosas choivas que se prevén esta semana.

Deportes

Publica o teu comentario agora