Xa están arriba

As xogadoras do Perlío xa son cuartas na Liga de Futbol 8 e subindo.
06 de Novembro, 2018 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

A segunda parte foi delas coa posesión do balón e varias ocasións de marcar. Pero o gol de Cris foi na primeira parte.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino da Liga de Futbol 8 xa son cuartas na clasificación con 15 puntos despois de vencer na última xornada ao San Sadurniño por 1-0 nos Pinares. Cris foi a artífice do gol que meteu na primeira parte e deu a victoria ao equipo. O encontro tivo duas partes ben diferentes, en palabras do técnico do Perlío, Juanjo Lorenzo. A primeira foi mala por parte dos dous equipos, a pesar de que foi cando o Perlío se puxo por diante.

Na segunda parte mellorou moito o xogo das fenesas que tiveron a posesión do balón e ocasións para ampliar a vantaxe. Ao final os tres puntos souperon a gloria. Esta semana o equipo dos Pinares prepara o choque co Galicia de Mugardos, últimas clasificadas. Juanjo Lorenzo afirma que non deben pecar de confianza, e que aí está o perigo do próximo partido. Xogase o domingo 11 ás 10:30h na Pedreira.

Algunha gripe e a lesión de Noe, que probablemente non se recupere ata a segunda parte da liga, teñen mermado ao equipo dos Pinares. Aínda así van polo bo camiño.

Deportes

Publica o teu comentario agora