Xa non hai sitios para xogar ás bolas, segundo Manuel Rodriguez

Xa non hai sitios para xogar ás bolas, segundo Manuel Rodriguez

18 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

"Xa non hai espazos adecuados para os xogos tradicionais porque as bolas (canicas) non corren ben no cemento" afirma Manuel Rodriguez Charrancas, un dos organizadores da IV Festa dos Xogos Tradicionais que este xoves e venres se celebra en Melide (A Coruña). Celebran o Campeonato de Tirapedras (tirachinas) contando coa participación de xente que procede de Cataluña ou do Pais Vasco.

Charrancas salienta que os xogos tradicionais atraen a atención de persoas de certa idade que se emocionan ao chocar con enredos que tiñan abandonados na memoria da infancia. En Melide había auténticos virgueros na elaboración dos tirapedras e daquela as vítimas eran os paxaros. Agora non hai maltrato animal, e a organización do campeonato dispoñerá de 3 dianas. Cada participante poderá realizar 2 tiros a unha distancia de 10 metros. Haberá unha categoría entre 8 e 14 anos e outra para os maiores desa idade. DE 11 a 12 da mañá permanecerá aberto o prazo de inscrición. Poderáse xogar tamén ás carrilanas, ao tiro á lata e ao lanzamento de boina, ainda que os organizadores advirten: "Nós non estamos en contra da play station".

Cultura