Xa se pode tomar café

Xa se pode tomar café

02 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un pouquiño máis contentos que antes van estar os socios-as do Centro Sociocomunitario de Fene. Abre este venres a cafetería, rexentada por unha persoa con moita experiencia no sector, Mar Vilariño, segundo o director do centro, Ignacio Orejas. Iso non significa que se dea servicio de comedor porque a cociña continuará pechada de momento. Orejas transmitiu que a Xunta de Galicia quere adaptar as instalacións, pero neste momento de crise están parali

A apertura da cafeteria faise coincidir co baile de fin de curso que celebran este venres dende as 5,30 da tarde. Esa mañán abrirase a exposición dos traballos, a exhibición de ioga e unha actuación da coral do centro.
Anunciou o director do Centro Sociocomunitario que a sombra da crise é tan longa que afectará ao peche do centro durante 15 dias de agosto porque non se pode sustituir ao personal cando saia de vacacións.

No mesmo centro de Fene, o domingo 6 de xuño, celebrase o Gran Concerto de Corais coa actuación da Coral Alborada de Cabral (Vigo), a de Santa Icía de Ferrol e a anfitriona, La eterna Juventud do centro fenés. O concerto comeza o domingo dia 6 de xuño, ás 7 da tarde.
  

Sociedade