Xa tocaba gañar

O Maniños alzouse co trunfo fronte ao Victoria, segundo clasificado.
08 de Abril, 2019 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños continúa a catro puntos da permanencia pero a victoria conquerida achégao moitísimo ao obxectivo. A situación anímica do equipo é outra e iso é primordial para seguir no bo camiño.

ESCOITA O PODCAST:

Maniños 2- Victoria 0. Xa nos tardaba ver un resultado así para o Maniños que o merecía polo xogo desenvolto nos últimos partidos. Logrouno precisamente co segundo clasificado nun encontro celebrado no Pota pola afección. A pesar da victoria, afirma o técnico que quizás non foi a mellor actuación dos locais pero sí na que deixaron a portería a cero e na que acertaron co gol. O Maniños tivo seis ocasións e meteu dúas.

“Algún dia tiña que cambiar a sorte, tal e como estabamos xogando” afirma o técnico do Cultural Maniños. “Non hai nada novo agás a victoria” sentencia Mesa quen está convencido de que xa viñan xogando ben pero non metían gol. Quizás tivo o Maniños un plus de intensidade.

Próximo reto: Galicia de Mugardos- Cultural Maniños

Como o Orillamar tamén gañou, o Maniños segue a catro puntos da permanencia. Na próxima xornada toca o líder. Afrontan o Galicia de Mugardos- Maniños con moito mellor ánimo e cunha semana de moitísimo traballo para engancherse á victoria.

Deportes

Publica o teu comentario agora