Xabarín cumpre 15 anos pendente do seu futuro na TDT

Xabarín cumpre 15 anos pendente do seu futuro na TDT

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Casal, que comezou como guionista nos inicios do Xabarín antes de chegar á dirección, láise de que agora teñan que sobrevivir como “sección de arquivo na faixa da primeira hora da mañá”. Pero anímase contando que o porco bravo e o seu equipo “mira cara adiante e temos gañas de futuro. Hai moitos proxectos cancións e series novas”. Entre os futuros éxitos da xaba-discoteca, Alberto Casal adiantou ás emisoras municipais que figurarán un blues composto por Carlos Childe e o tema “Xabarín, bocata e futbolín”, composto por Iván Ferreiro.

 

Ata 22 das cancións máis celebradas na traxectoria do programa infantil da TVG interpretáronse no concerto gravado en Ordes. Julián Hernández e Pablo Novoa dirixiron unha banda especial na que colaboraron ata 13 artistas, entre os que cómpre salientar a Nicolás Pastoriza, Silvia Superstar, El Puto Coke, Woyza ou Víctor Coyote. Parte do recital emitirase na canle pública o 25 de abril nunha edición especial do programa Banda Curta, e o resultado completo poderase adquirir nun novo volume de “A Cantar con Xabarín” que, co gallo deste aniversario, se editará en formato CD+DVD.

Cultura