Xabier Díaz e Guillerme Fernández convídannos a deixarnos arrolar polo seu novo disco

Xabier Díaz e Guillerme Fernández convídannos a deixarnos arrolar polo seu novo disco

22 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un barco feito cunha casca de noz invítanos a coñecer a sinxeleza e a beleza de Arrolos de Salitre, o novo traballo conxunto de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, o quinto do seu selo Música de Salitre. Un disco co que nos convidan a soñar e a durmir a través de nanas tradicionais, procedentes do seu propio cancioneiro, e outras de nova creación. Creado e producido por estes dous membros de

Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño ceden as súas voces a estas cancións construídas desde a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración. Segundo Xabier Díaz e Guillerme Fernández, “para este disco buscamos a colaboración de novas voces galegas, menos coñecidas, pero de grandísima calidade”.

Xunto aos intérpretes, o acordeonista e o guitarrista, en Arrolos de Salitre atopamos outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias.

Ademais, este disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz ou unha selección de coplas de tradición oral extraidas do Arquivo de Salitre; así como un conto da escritora Lupe Gómez e os barcos de casca de noz deseñados por Nébeda Piñeiro.

Arrolos de Salitre xa está á venda e publícase en dúas edicións, unha sinxela co disco e unha máis especial composta por unha caixa reutilizable coa imaxe da portada, un babeiro e unha postal.

Cultura