Xabier P. Docampo: “Todo son desprezos para a cultura galega”

Xabier P. Docampo: “Todo son desprezos para a cultura galega”

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Cosmopolitismo pailán”. Tal é doenza dos que coidan que a cultura galega carece de importancia ou limita, segundo o escritor Xabier P. Docampo, Premino Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 1995 cunha obra escrita en galego, e que xunto a unha decena de autores tamén galardonados polo Ministerio de Cultura, esixen nunha misiva a dimisión do responsable autonómico da materia.

Docampo defendeu en Radiofusiòn, “dende o respeto persoal”, o dereito a discutir as opinións do conselleiro de Cultura Roberto Varela, quen cualificara á literatura do país de “ensemesmada e acomplexada” nun acto celebrado a pasada semana. Malia que o representante da Xunta desbotou dimitir e asegura que foi malinterpretado, o voceiro dos escritores lembra que é “a cultura galega a que fai necesario o cargo de Varela” e critica unha “actitude de arrasamento identitario por parte do Partido Popular”. “Todo son desprezos”, láiase Xabier Docampo, quen resumía así as críticas ao conselleiro.

A misiva contra Ricardo Varlea subscribírona, ademais de Xabier Docampo, Alfredo Conde, Paco Martín, Antón Santamarina, Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo, Suso de Toro , Rubén Ruibal, Agustín Fernández Paz e Xusto Beramendi, todos eles recoñecidos con premios a nivel estatal polo Ministerio de Cultura grazas a obras en galego.

Cultura