Xaquín Marín e o Museo do Humor

Xaquín Marín e o Museo do Humor

14 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Menos mal que nos queda o humorismo e podemos contemplar a situación económica e a contaminación humorística, desde o prisma que nos aporta o exercicio do humor e que nos permite ver unha situación mala poñéndonos no lado peor, para así ter á vista os lados mellores. Son palabras de Xaquín Marín, o impulsor do Museo do Humor de Fene.

O Museo do Humor creouse en 1984, en pleno balbordo da reconversión naval. O museo hoxe segue a ser único na Península Ibérica e é saudado como unha proposta orixinal e imaxinativa. O museo ten exposicións permanentes e organiza actividades como os premios Curuxa, as Xornadas do Humor ou pintado de murais artísticos.

 

Sociedade