Xavier Díaz ultima o novo disco

As catedrais silenciadas
03 de Febreiro, 2020 - 02:28 h. | Publicada por Radio Fene

Xavier Díaz e Adufeiras do Salitre agardan presentarnos, máis cedo que tarde, o novo disco.

Xavier Díaz preséntanos a portada do novo disco: "As catedrais silenciadas"



Trátase dunha foto de Marcos Budiño, dende o interior dunha de tantas escolas abandonadas, lonxe do eixo Atlántico ou do Camiño de Santiago...Está concretamente no lugar de Pacios, parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo ( Lugo). Foi construida polas propias veciñas, e hai apróximadamente 50 anos extinguiu a súa actividade.

Estudaban nela uns 25 picaros que podían ver pola fiestra unha volta do embalse dos Peares. Temos un país cheo de Catedrais esmorecendo, moitas delas inmateriais, cando desaparezan, desaparecerá unha parte importantísima do que fomos e somos. Que tan bonito sería recuperalas!! reflexiona Xavier Díaz . O deseño da carpeta do disco é de Noemí Cubillo. De novo conta Xavier Díaz con Adufeiras do Salitre no novo traballo do que se deu a coñecer hoxe nas redes sociais un pequeno adianto de menos de dous minutos. Polo momento quedamonos co mel nos beizos e con esta imaxe.

Cultura

Publica o teu comentario agora