Xavier Vence: “Coa crise levamos tres anos nun proceso de queimar as naves sen buscar solucións”

Xavier Vence: “Coa crise levamos tres anos nun proceso de queimar as naves sen buscar solucións”

16 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

“Hai que refundar o capitalismo”. Aquela promesa que formulara ao inicio da crise económica o presidente da República Francesa, Nicolas Sarkozy, levouna o vento para a nosa desgraza, segundo o catedrático de Economía da Universidade de Santiago, Xavier Vence. Láiase de que, tras uns xestos iniciais a prol dun cambio de modelo global, finalmente os poderes públicos rendéronse aos intereses dos grupos de presión financeiros e conservadores, p

A crise e a radicalización neoliberal vanse “concatenando”, explica Vence, que atribúe a situación a un modelo que “acumulou unha fórmula de negocio inviable”, apoiado nunhas “burbullas de débeda da banca que deron unha aparencia de bonanza”. Cando ese escenario colapsou, por un momento as declaracións políticas anunciaban que se ía “poñer contra as cordas” aos responsables, pero arestora os “pilotos” da situación volven ser os que a provocaron. Así as cousas estase a apostar pola “non saída, senón pola prolongación do modelo neoliberal”, denuncia o catedrático de Economía, sinalando que o diñeiro que os Estados pretenden conseguir para reducir o seu déficit debe chegar por vías “alternativas”, entre elas os impostos ás grandes  fortunas e ás sociedades de investimento.

Xavier Vence pretende que a súa obra achegue á cidadanía argumentos para a reflexión porque agora mesmo entende que está confundida e convencida polos medios de comunicación “financiados por grandes bancos e grupos de presión”. Coida que a xente debe comprender que a solución non pasa pola alternancia entre dous grandes partidos: os conservadores e os da esquerda “que xa non é socialdemócrata, senón socioliberal”, acusa. A verdadeira mudanza está no cambio de modelo económico, e para que se produza sinala que debe ser a propia xente quen o reclame. E polo de agora, malia movementos como o da indignación, “está a tardar”, lamenta.

Sociedade