Xeórxicas do pan de Otero Pedrayo

Xeórxicas do pan de Otero Pedrayo

14 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O vindeiro 15 de febreiro de 2013, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2. Vigo), ás 19:00, presentarase o libro XEÓRXICAS DO PAN, de Ramón Otero Pedrayo. Intervirán Francisco Domínguez (Director da Fundación Penzol), Manuel Forcadela e Silvia Penas do Equipo de Investigación da Universidade de Vigo, Víctor F. Freixanes, Director de Editorial Galaxia, Ernesto Pedrosa (Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo) e Alfonso Zulue

Un libro imprescindible para entender a tradición lírica contemporánea.

Hai moitísimos documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, entre outros, tres versións diferentes do poema, ‘Xeórxicas do pan’. Eses textos, tanto pola súa extensión como pola súa altura literaria confirman a Otero como un dos grandes poetas do seu tempo.

Estes días tiran do prelo, na Biblioteca Otero Pedrayo, este libro, en edición de Silvia Penas, estas ‘Xeórxicas do pan’ nunha edición promovida pola Fundación Penzol e patrocinada polo Consello Social da Universidade de Vigo.
Presentase o vindeiro venres día 15 de febreiro, ás 19 horas na Casa Galega da Cultura, en Vigo.

Sociedade