Xeles de froitas, a innovación no sabor

Xeles de froitas, a innovación no sabor

11 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xalea de grosella, arándanos, frambuesa e marmelada de piña son algúns dos produtos elaborados por Mesturas en Narón (A Coruña). Miguel Riola impulsa esta iniciativa que conxuga a elaboración tradicional e artesanal da marmelada coa modernidade de novos sabores e novas formas de distribución. Mesturas naceu hai pouco, o pasado mes de xuño, coas marmeladas e xeles con sabores e texturas variadas.

“Os xeles de froitas están a medio camiño entre o zume e a mermelada” indica Miguel Riola quen espera poder envasar arredor de 10.000 tarros anuais nun prazo curto de tempo. Acaban de empezar co laboratorio e obradoiro situado na zona da Gándara en Narón, pero xa teñen novos produtos pensados, novos sabores e mesturas. De momento só podemos encontrar as xaleas e xeles Mesrutas na Casa Amador de Ferrol, en Betanzos ou San Sebastián pero están ultimando a súa propia tenda de venda a través de internet. As marmeladas e xeles de Mesturas consérvanse ben a temperatura ambiente nunha alacena mentras nos se abran os tarros. Despois de abertos, débense conservar no frigorífico e pódense consumir ata catro semanas despois.

Sociedade