Xermade acolle mañá un seminario sobre recursos locais e á súa relación coas actividades empresariais

Xermade acolle mañá un seminario sobre recursos locais e á súa relación coas actividades empresariais

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

173 persoas asistirán mañá ao seminario “Actividades empresariais de aproveitamento dos recursos locais” que terá lugar de 9.30 a 14 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade. Esta actividade é unha iniciativa do Concello de Xermade, FEGAMA e a UNED Senior da Parroquia de Xestoso-Momán, que confirmou a presenza de 103 dos seus alumnos, xunto coa colaboración da Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA).

Nesta formación, trataranse temas relacionados coas economías locais e a súa aplicación ao entorno mais inmediato, neste caso a comarca da Terra Chá. A xornada consta de cinco módulos nos que se tratarán a iniciativa empresarial e as opcións de traballo local no sector ambiental, a valorización de produtos locais en función da zona, a responsabilidade social corporativa, a innovación tecnolóxica nas actividades do medio rural e as alternativas empresariais sostibles a partir do potencial endóxeno. Aprender da experiencia.

 

Os obxectivos que se perseguen son fomentar a iniciativa empresarial para conservar o entorno rural, sensibilizar sobre o valor engadido que os territorios rurais aportan ás producións agroalimentarias locais, poñendo en valor a calidade e o patrimonio que posúen . Tamén se busca informar sobre a existencia de novos nichos de mercado e apoiar de empresas relacionadas co medio ambiente, promover a xeración de novas posibilidades de emprego en zonas rurais, estimular o uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables, así como proxectos cooperativos e asociativos como mecanismo para mellorar a viabilidade das explotacións.

O seminario está incluído dentro do proxecto de AFOGA sobre a Promoción responsable das actividades empresariais nas zonas desfavorecidas e da Rede Natura galegas, que interactúan co Cambio Climático.

Sociedade