Xermade organiza dous obradoiros en Roupar para a fin de semana

Xermade organiza dous obradoiros en Roupar para a fin de semana

22 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Xermade organiza un fin de semana de actividades para a súa veciñanza. Ao seminario “Actividades empresariais de aproveitamento dos recursos locais”, que leva a cabo hoxe ASEFOGA (Asociación Sectorial Forestal Galega), xunto con FEGAMA, e a UNED Senior de Xestoso-Momán, haberá que sumarlle dous obradoiros que se celebrarán en Roupar.

O Obradoiro “Muller e erótica”, terá lugar mañá, de 18 a 20 horas, en A Criba (Roupar de Abaixo), e está organizado pola Asociación de mulleres de Roupar e impartido polo Centro Quérote de Lugo. É necesario anotarse na propia Asociación ou chamando ao teléfono 982 501 108.

 

O domingo, a partir das 17.00 horas, é a Asociación de veciños do Campo a que programou unha charla sobre a esclerose múltiple q que será impartida pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM).

Estas dúas actividades complétanse polas xa previstas polo concello para os sábados, como son os cursos de bailes de salón en Momán e Roupar, de 17 a 19 horas e de 19.30 a 21.30 respectivamente.

Sociedade