Xermade pon en valor a sabedoría dos maiores

Xermade pon en valor a sabedoría dos maiores

25 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

As Xornadas Interxeracionais Rurais alcanzan a súa oitava edición constituídas xa nun espazo referencial de reflexión e debate para as persoas maiores do concello de Xermade onde se van a celebrar este sábado 26 de maio e os próximos días 2 e 9 de xuño organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, o propio concello e a Asociación de Veciños de Cabreiros. A apertura do encontro celebrarase este sábado a partir das 9.45 ho

Esta é unha iniciativa que se dirixe fundamentalmente ás persoas maiores e nas que recibirán charlas, presentacións de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Pero tamén se trata dunhas xornadas pensadas para que mozos, mozas e maiores poidan desenvolver un traballo conxunto, de transferencia de cultura e experiencia acumulada ao longo da vida.

Para iso deseñáronse unhas xornadas abertas nas que se procura a presenza dos máis novos. Así mesmo, ofértanse actividades aos maiores que lles permitan seguir aprendendo cousas que poidan resultarlles útiles e interesantes. A actividade está recoñecida coun crédito de libre configuración para todas as titulacións das Universidades de Santiago e da Coruña.

Sociedade