Xeroglíficos dirixidos a lectores activos

Xeroglíficos dirixidos a lectores activos
20 de Agosto, 2020 - 10:21 h. | Publicada por Radio Fene

O profesor Benavides recibe un correo electrónico no que o desafían a “xogar”. Tras isto, terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a cometer no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.

ESCOITA O PODCAST:
Rocío Leira xunto con seu libro Trescatorcedezaseis

En xaneiro de 2020, Rocío Leira publicou Trescatorcedezaseis, un libro que bebe de Os crimes de Oxford como inspiración.

A obra, ademais do seu caracter detectivesco e de intriga, é unha homenaxe a esos grandes descoñecidos que son os números. Pero non todo son matemáticas, tamén hai espazo para unha reflexión máis emocional e persoal. Segundo a propia autora, Trescatorcedezaseis está dirixido, sobre todo, a un público adolescente. A idea era intentar entreter ao lector e desafiar ao lectorado mozo, deixando un certo pouso sobre a matemática. Atopamos, ao longo do libro, xogos de códigos e xeroglíficos dirixidos a un lector activo.

Trescatorcedezaseis métenos de cheo nunha parte da historia das matemáticas, onde será moi relevante a Escola Pitagórica.

Cultura

Publica o teu comentario agora