A xestión medioambiental a debate en Ferrol

A xestión medioambiental a debate en Ferrol

02 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de setentas persoas asisten dende a tarde de hoxe á cuarta edición das Xornadas de Medio Ambiente que organiza a Universidade de A Coruña en colaboración co Colexio de Enxeñeiros Técnicos e Industrais de Ferrol e que coordinan os profesores Manuel Martínez, da Escola de Deseño Industrial, e Susana Barbeito da Escola de Deseño Superior.

As normativas sobre xestión medioambiental non son lexislación senón normas aprobadas por organizacións privadas como a internacional ISO. Esto significa que non son de obrigado cumprimento senón que son as propias empresas as que deciden se queren acatalas ou non. As empresas teñen en calqueira caso que cumprir coa normativa xurídica que sí e de obrigado cumprimento nestes ámbitos.

Básicamente trátase de normas que permiten unha mellora na xestión interna das empresas. O profesor Manuel Martínez destacou neste senso que o seguimento destas normas tense que ver como unha inversión máis que como un gasto, posto que os resultados da aplicación son notorios a longo prazo.

A norma ISO 14001 do ano 2004 será obxecto de análise nestas xornadas que arrancarán hoxe ás catro da tarde cunha ponencia de Ramiro Rueda, que versará sobre “Requisitos e normativa lexislativa de xestión ambiental”.  No día de mañá, expertos en xestión medioambiental, debatirán sobre  Deseño e Implantación Medioambiental.

Cultura