Ximnasia Artística digna de ver

Serán 102 ximnastas as que competirán en Fene nas distintas categorías
02 de Maio, 2019 - 02:09 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Ximnasia Ferrolterra e Escola Ximnasia Ferrolterra organizan esta fin de semana o III TORNEO de XIMNASIA ARTISTICA CONCELLO DE FENE. O sabado e domingo no pavillón A Xunqueira.

O Club Ximnasia Ferrolterra e Escola Ximnasia Ferrolterra organizan esta fin de semana o III Torneo de Ximnasia Concello de Fene. O sabado 4 e domingo 5 de maio, no pavillón A Xunqueira. Nesta ocasión dan un paso adiante organizando, ademais das 4 categorías escolares, 6 categorías de base e 3 de vía olímpica.

Participaciparán; o Club Ximnasia Tempo de A Coruña, Club da UDC (Universidade de A Coruña, o Club Ximnasia Coruña; o Club Bayo Sil (Ponferrada- León); Club RGC Covadonga (Gijón) e Club Ximnasia Ferrolterra( Fene). Haberá sorteo de regalos durante toda a fin de semana grazas aos establecementos colaboradores. E a o Concello de Fene pola súa colaboración unha vez máis na organización.

Serán 102 ximnastas as que competirán nas distintas categorías. Todo un espectáculo digno de ver. O sabado de mañá (9:15h a 13:30h) e tarde ( 15:30 a 19.30h)e o domingo pola mañá desde as 9:00h.

Deportes

Publica o teu comentario agora