Xira galega dos economistas que non comungan coa explicación oficial á crise

Xira galega dos economistas que non comungan coa explicación oficial á crise

20 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A Deputación de Lugo será a primeira cita en Galicia do colectivo Economistas frente a la crisis, representado polo seu presidente e dous dos seus membros fundadores: Jorge Fabra, Mónica Melle e Alfonso Prieto. A conferencia, gratuíta e de acceso libre, que ofrecerán mañá ás 19:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos será a prese

O colectivo Economistas frente a la crisis xurdiu no 2012 coa unión de economistas preocupados pola interpretación e información que se estaba a ofrecer á cidadanía e ós medios de comunicación acerca da natureza da crise, da súa diagnose e da súa xestión. Tres dos seus fundadores e asinantes do manifesto fundacional convidarán, na súa visita a Lugo, a unirse a todos aqueles profesionais que desexen tomar parte na súa labor de denuncia da manipulación á que están sometidos termos económicos co fin de ofrecer á opinión pública unha visión da crise e da xestión que se está a facer dela moi alonxada da realidade.

Todos os que desexen escoitar as aportacións dos poñentes acerca de cuestións de actualidade como como a reforma laboral e as políticas activas de emprego; a situación do sector industrial no país ou do sector da enerxía, poderán facelo tamén en tempo real a través da web www.deputacionlugo.org, xa que como en anteriores ocasións, a Fundación TIC encargarase da retransmisión en directo en streaming.

Os poñentes

Jorge Fabra Utray é Presidente de Economistas frente a la Crisis. Economista e doutor en Dereito, ex-presidente de red Eléctrica de España e autor de Un mercado para la electricidad: ¿regulación o liberalización?.

Mónica Melle Hernández, economista e membro fundador de Economistas frente a la Crisis, é profesora de Economía Financeira na Universidade Complutense de Madrid.

Alfonso Prieto, economista e membro fundador de Economistas frente a la Crisis, ten exercido en numerosas ocasións de experto asesor do Comité de Empleo da Comisión Europea.

Sociedade