Xoán Vázquez Mao: ”Búscase a sanción e non o pago das peaxes”

Xoán Vázquez Mao: ”Búscase a sanción e non o pago das peaxes”

18 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Estamos ante un imposto revolucionario” afirma o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, con respecto ao novo pago das peaxes portuguesas. A asociación transfronteiriza critica, non só a peaxe, aínda que non cuestiona “a capacidade do Goberno portugués de implantala”, senón tamén a forma de cobrala. A obriga de adquirir ou alugar un chip de prepago dun mínimo de 50 euros, que non se recupera a&iacute

A desinformación e o rexeitamento están a protagonizar os primeiros días de implantación das peaxes portuguesas. As autopistas lusas convertéronse en vías de pago, a través dun sistema de telepeaxes que impide aos conductores pagar en metálico. A medida afecta á Autovía do norte, entre Pontevedra e Porto e ás estradas de Ourense en dirección ao aeroporto de de Sá Carneiro. O incumprimento deste requisito permite a sanción dos infractores por parte da Garda Nacional. 

Os aparellos débense adquirir nas oficinas de Correos e nas estacións de servizo pero non están á disposición dos usuarios e usuarias. Vázquez Mao pon de exemplo unha oficina de Correos de Porto onde só contaban cos seis dispositivos. Postos en contacto con algunas gasolineiras, sinalou que, só coñecían esta medida polos medios de comunicación e ninguén lles comunicara nada ao respecto. Desdeo Eixo Atlántico demandaron información á secretaría de Estado onde lles colgan o teléfono ou os deixan nunha espera infructuosa. Vázquez Mao denuncia que, esta fin de semana se emitiron uns folletos informativos perfectamente deseñados, co que “se desprende que se fixo intencionadamente xa que esto non se pode facer dun día para outro. Búscase directamente o pago da multa e non o cumprimento da medida”. Desde a asociación cualifican este feito de “mala fe” e piden a dimisión do ministro portugués.

Ademais Vázquez Mao fixo referenza aos posibles efectos que conlevan estas peaxes.  Asegurou que debilitarán  o desenvolvemento económico do país veciño xa que diminuirá o gasto dos galegos en Portugal. “Implicará un retroceso económico importante do seu turismo”. Vázquez achaca  toda a responsabilidade ás empresas privadas das autovías e xa xurden sospeitas poque nestas empresas hai persoas vencelladas ao goberno, afirmou. “Pretenden roubar a Galicia e ao norte de Portugal para lévalo a Lisboa e a Madrid”, sentenciou.

Sociedade