Xogámonos a pervivencia da civilización humana

Xogámonos a pervivencia da civilización humana
31 de Decembro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os últimos informes científicos sinalan que a década de 2020 a 2030 será decisiva. E esa década comeza mañá. As decisións e medidas que tomemos van determinar como será a evolución climática do planeta  durante moito tempo, porque o sistema climático terrestre ten unha forte inercia. E nesa evolución xogámonos a pervivencia da civilización humana.

Emilio Santiago en Radio Fene

A temperatura que experimentamos nun momento determinado non se debe á concentración de gases de efecto invernadoiro dese momento, senón a de varias décadas antes. E a próxima década tamén será decisiva pola complexidade da acción climática. A fonte de gases de efecto invernadoiro é moi diversa. Se analizamos por sectores, a produción de electricidade e a calefacción supón o 31%, o transporte o 15, a construción un 12, a agricultura e a gandería un 11, a industria un 6 e os cambios de uso do chan e a deforestación outro 6. Finalmente outros combustíbeis fósiles supoñen un 8,4 e as emisións debidas a perdas un 5,2. Para deixar de emitir gases de efecto invernadoiro serán necesarias unhas políticas moi diversas e variadas, que van afectar practicamente todos os aspectos da economía e da vida. Saliéntano así Hector Tejero e Emilio Santiago no seu libro Que hacer en caso de incendio?

Cultura

Publica o teu comentario agora