As xogadoras do Baxi Ferrol están imparables

As xogadoras do Baxi Ferrol están imparables
01 de Decembro, 2020 - 01:24 h. | Publicada por

As xogadoras do Baxi Ferrol, Patri Benet e Laura Fernández, coincidiron esta mañá na Fenestra de Radio Fene na ilusión que tiveron cando as chamaron para formar parte do proxecto ferrolán, “un proxecto que apunta ao máis alto” afirman as xogadoras.

ESCOITA O PODCAST:
Laura Fernández e Patricia Benet do Baxi Ferrol

As dúas empezaron no baloncesto de pequeniñas, aos 7 ou 8 anos e contaron co apoio da familia. Hai un momento no que se preguntaron, seguir estudando e compaxinar co baloncesto é posible? Quero ser profesioal ou non?. As dúas están satisfeitas de dedicarse profesionalmente a isto. Decidiron entregarlle os anos que podan ao baloncesto e despois retomar os estudos onde quedaron para dedicarse a outra cousa. A xogadora canaria ven de familia de deportistas así que o respaldo desta foi acaído. Pensa que é importante estudar mentres xogas, non abandonar porque sempre `pode haber unha lesión ou outras circunstancias que leven ao final.

O adestrador, Lino López e o presidente do club, Santi Rey, interviñeron no programa. O primeiro para preguntarse pola súa adaptación ao xogo deste equipo, se foi sinxelo ou complexo. As dúas coinciden en que é un xogo diferente. Santi Rey recomendoulles que non se relaxen, aínda que sexa duro o dia a dia.

Deportivamente falando, o Leganés e o Unicaja son os rivais máis potendes cos que poden toparse na súa carreira cara á fase de ascenso. O equipo está feito para iso, para ascender. Desde o primeiro afeccionado ata o presidente todos teñen esa idea na mente. Elas favoritas vense, pero co pés no chan.

Ademais, Laura entrena ás nenas da canteira para transmitirlles o que saben e para asegurar a transición natural do club. “Elas teñen 9 anos e miranse en nós”, afirman.

Recoñecen que o club ferrolán dálles facilidades e que cumplen coas leis laborais e a alta á seguridade social, pero non todos os clubs son iguais. “Porque somos mulleres non se ve como un traballo, como unha profesión”. Non se valora, dín, o esforzo que conlevan 24 horas de traballo. Poñen o exemplo recente da Covid19. Na mesma liga que eles, os homes reanudaron a competición mentres nós paramos totalmente

Conclúen que se avanza pouco a pouco pero están moi lonxe de ser tratado o deporte feminino como o masculino.

Deportes

Publica o teu comentario agora