Xoias e tradición para a próxima exposición do Museo Provincial

Xoias e tradición para a próxima exposición do Museo Provincial

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo albergará, desde o xoves 17 de setembro e ata o vindeiro 15 de novembro, a mostra “Xoias tradicionais do Museo Provincial de Lugo”. A exposición será presentada no serán de mañá, a partir das 20.00 horas, nun acto que contará coa presenza do vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Cultura deste organismo provincial, Antón Bao; da Directora d

Ademais, como complemento da exposición, o Museo programou unha serie de actividades para permitir un coñecemento mais extenso da mesma. Entre elas haberá visitas comentadas para o público en xeral, visitas guiadas para grupos escolares, obradoiros, e un vídeo - documental titulado “A ourivería na pintura e na fotografía”.

Cultura