Xoias numismáticas na Coruña

Xoias numismáticas na Coruña

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un billete ou unha moeda anterga ou un exemplar do libro “Moedas Galegas” son os agasallos que ofrecerá ao visitantes a XVIII edición da Feira Numismática que se celebrará o vindeiro sábado día 12 no hotel Hesperia de A Coruña. O historiador e escritor numismático, Javier Paz é o organizador desta convención que conta coa colaboración do Concello e Museo Numismático de Lobios.

Ao longo de todo o día curiosos e coleccionistas poderán mercar e vender non só moedas e billetes senón tamén selos, tarxetas telefónicas libros e material numismático en xeral. Nesta edición da Feira Numismática poráse amáis á venda o libro “Moedas Galegas” da autoría de Javier Paz.

A publicación indaga na historia das moedas acuñadas en Galicia dende o século I a.C. en que aparecen as primeiras moedas saídas das cecas da cidade de Lugo ata a última das acuñacións, que foi o céntimo de escudo de Isabel II, saído da fábrica de moeda de Xubía.

Durate a xornada a organización sorteará dous exemplares, un pola mañá e outro pola tarde, desta
publicación. Ofrecen amáis aos mercadores interesados un desconto de 50 euros durante a Feira. A mostra permanecerá aberta en horario de dez a dúas pola mañá e de catro e media a oito pola tarde.

A convención repetiráse o día 6 de marzo do vindeiro ano na cidade olívica, concretamente no hotel Ciudad de Vigo.

Sociedade