Xornada de despedida das noites psicoeducativas do programa Faro

Xornada de despedida das noites psicoeducativas do programa Faro

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Tras o éxito acadado polo ciclo de noites psicoeducativas enmarcadas dentro do programa municipal FARO de prevención de alcol, o Concello de Ordes decidiu celebrar un peche conxunto destas noites como broche final da actividade. Este sábado 26 de xuño terá lugar unha nova noite psicoeducativa, na que igual que nas anteriores, poderán participar, de maneira totalmente gratuíta, rapaces e rapazas de Ordes con idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos e as s&

O horario no que terá lugar esta iniciativa, que ten como obxectivo crear un espazo de diversión común que acolla a toda a familia, será de 21:30 a 00:30 horas no pavillón municipal, na rúa Mestre Nicolás del Río na zona do Paraíso. 

As persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse na Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes ou chamando aos teléfonos 981680002 ext.214 e 215, ou no 627983619. 

Segundo o concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade, Jesús Pampín, “ante a petición das familias e dos rapaces e rapazas participantes no programa de que se sigan programando novas noites e ante o éxito das diferentes actividades, decidimos realizar un peche conxunto como colofón ao das anteriores edicións”. 

O ciclo de noites psicoeducativas celebrouse durante as noites de tres sábados nas que máis de 60 rapaces e rapazas de Ordes puideron comprobar que existen alternativas de ocio en espazos libres de alcol, realizando un destacado número de actividades cun rocódromo, clases de baile moderno, tiro con arco, carreiras de orientación e diferentes obradoiros de elaboración de cócteles sen alcol, fotografía nocturna, fieltro ou fimo.

Sociedade