A xornada decisiva

A xornada decisiva

09 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Quizais o Bloque Nacionalista Galego enfrontase á cita máis importante da súa historia. Desde a súa fundación en 1982, nunca o BNG celebrou unha Asamblea con ofertas diferentes e sen que a priori exista unha maioria clara a favor de ningunha das teses. Catro listas concorren a un cónclave do que sairá a nova executiva  e o Consello Nacional que tentará recuperar o crédito electoral do nacionalismo galego con representación parlamenta

Se algunha candidatura parte con vantaxe para tomar o mando do BNG, esa é a Alternativa pola Unidade que lidera Guillerme Vázquez e que conta co aval da UPG. Nas asembleas comarcais conqueriron o maior número de delegados e, malia a súa posición de privilexio, procuraron acordos previos á cita dominical cos quintanistas que estes desbotaron. Así as cousas, Vázquez asume que haberá debate e aposta por que este sexa enriquecedor. Os continuadores do traballo de Anxo Quintana, ex portavoz nacional, agrúpanse baixo o alcume de Máis BNG e teñen por bandeira ao actual voceiro no Parlamento da fronte nacionalista, Carlos Aymerich.

 

Este defende que as candidaturas deben medir as súas forzas democraticamente na asemblea e entende que o proxecto do Bloque aínda está vixente e ten futuro. A Lista de Encontro, co histórico Xosé Manuel Beiras como líder, representa ao sector máis crítico e teima en que a nova executiva sexa un espello da pluralidade existente no seo do grupo. Nas últimas xornadas asomou a lista Máis Alá, comandada por Rafael Villar e que representa ao sector de Movemento pola Base que ficou dentro do Bloque logo da escisión do 14 de marzo. Todos eles someteranse ao escrutinio da militancia este domingo no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago e contra as sete da tarde coñecerase a composición da nova dirección do BNG.

Sociedade