Xosé Manuel Fernández Castro: “Vidal Bolaño non conta co recoñecemento literario que merece”

Xosé Manuel Fernández Castro: “Vidal Bolaño non conta co recoñecemento literario que merece”

14 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Roberto Vidal Bolaño é un dos nosos grandes autores”, reivindica o profesor Xosé Manuel Fernández Castro, quen acaba de presentar un volume no que analiza a construción da poética teatral do dramaturgo compostelán. A súa afirmación é moi repetida nos círculos escénicos, onde existe consenso sobre a enorme importancia de Vidal Bolaño, pero menos escoitada no eido literario. “Esa falta de recoñ

En A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, libro editado por Laiovento, Xosé Manuel Fernández Castro, sintetiza a tese doutoral homónima que defendeu en 2007 na Universidade da Coruña. Este traballo divulgativo pretende ofrecer unha visión de conxunto da vida, obra e pensamento do dramaturgo.

O volume iníciase reivindicando o valor de Vidal Bolaño e reconstruíndo a súa carreira para logo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida. A parte máis extensa do traballo ocúpaa o estudo da peza Agasallo de sombras, estreada en Vigo en 1984 e considerada a “primeira gran superprodución do teatro galego”. O libro complétase cunha extensa bibliografía e un índice onomástico.

Cultura