Xtreme Pantín 7th Edition

Cita esta fin de semana en Valdoviño co Xtreme Pantín 7th Edition
08 de Outubro, 2019 - 02:15 h. | Publicada por Radio Fene

O Xtreme Pantín disputarase nas modalidades de waveski, kaiaksurf e stand up paddle. Está organizado polo Club Náutico Folixa, coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Valdoviño.

A praia de Pantín acollerá esta fin de semana o Xtreme Pantín 7th Edition nas modalidades de waveski, kaiaksurf e stand up paddle. A competición está organizada polo Club Náutico Folixa, coa colaboración do Concello de Valdoviño e a Federación Galega de Piragüismo, e nela tomarán parte deportistas de Galicia, doutras comunidades españolas como Asturias e País Vasco e máis doutros países como o veciño Portugal e máis Inglaterra.

Entre os favoritos, Guillermo Carracedo en stand up paddle ; Odei Etxeberría en waveski ou Gorka Martínez en kaiaksurf. O evento terá lugar o sábado 12 e o domingo 13 de outubro coa previsión de que na primeira xornada se disputen as series clasificatorias e finais e na segunda se celebre a Xtression Session e Free Surf Session.

Deportes

Publica o teu comentario agora