A Xunta achegará 60.000 euros ao concello de Ames para a xestión dos comedores escolares

A Xunta achegará 60.000 euros ao concello de Ames para a xestión dos comedores escolares

24 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o alcalde do concello de Ames, Santiago Amor Barreiro, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a xestión do servizo de comedor en cinco centros escolares do concello. Así para o curso 2012-2013 a Consellería achegará 60.000 euros para a xestión do servizo complementario dos comedores nos CEIP A Maía, Agro do Muíño e de B

Pola súa banda o concello adquire o compromiso de prestar o servizo de comedor escolar; así como de elaborar menús cunha dieta equilibrada e que estarán en coñecemento dos correspondentes consellos escolares. A alimentación será a mesma para todos os usuarios dos comedores, a excepcións dos que presente algún tipo de intolerancia ao alerxia. Do mesmo xeito o concello financiará os custos de todo este servizo en todo aquilo que exceda a achega da Consellería, sen prexuízo das achegas dos pais, do mesmo xeito que será o responsable de contratar a prestación do servizo de comedor non centros citados de acordo coa normativa vixente. Cómpre destacar que está é a primeira colaboración entre a Xunta de Galicia o concello de Ames para prestar un servizo complementario aos alumnos de dito concello. Os comedores escolares dos cinco centros educativos de Ames beneficiados por este acordo foron aprobados pola Consellería para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, dos máis de mil usuarios destes servizos complementarios.

Co acordo asinado hoxe o departamento dirixido por Vázquez Abad, volve a dar conta de que a pesar da difícil situación económica, continuase a traballar a prol dos servizos educativos en Galicia, do mesmo xeito que acontece cos concellos de Ferrol, Mugardos, Muíños, Ames e Cangas do Morrazo, Santiago de Compostela e Narón e que dan servizo a máis de 10.000 usuarios

Sociedade