A Xunta aproba definitivamente o proxecto do parque eólico A Valiña nas Pontes

A Xunta aproba definitivamente o proxecto do parque eólico A Valiña nas Pontes

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe definitivamente o proxecto sectorial do

parque eólico A Valiña, no concello das Pontes (A Coruña). Este proxecto, promovido

pola empresa Eólicos del Noroeste S.L, prevé a instalación de oito aeroxeradores, que

contarán cunha potencia de 6,8 MW.


Ademais, a infraestrutura comporase de oito centros de transformación xunto coas

liñas de media tensión subterráneas que servirán para a evacuación da enerxía. O

parque eólico A Valiña conta cun orzamento total de 4.511.978,17

e estímase que

producirá anualmente ao redor de 18.612 MWh.

Con este acordo ponse fin a oito anos de tramitación, desde que en xuño do ano

2001 a sociedade Eólica del Noroeste, S.L solicitou a autorización administrativa das

instalacións eólicas respectivas. A aprobación responde á proposta realizada desde a

Consellería de Economía e Industria.

Sociedade