A Xunta aumenta as axudas do plan re-Móvete ata final de ano

A Xunta aumenta as axudas do plan re-Móvete ata final de ano

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A consellería de Economía e Industria incrementará as axudas para dinamizar a venda de vehículos en Galicia no marco do Plan Integral re-Móvete Automoción. Durante todo o mes de decembro todos os que decidan mercar un automóbil cuxo prezo sexa de entre 10.000 e 30.000 euros, terán unha axuda de 2010 euros. Desta cantidade, a Xunta achegará 1.200 euros por automóbil, mentres que os concesionarios farán un desconto ao consumidor de 8

Esta axuda segue estando dirixida aos residentes en Galicia e mantén as mesmas condicións que o Plan re-Móvete inicial. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, resaltou que Galicia é o maior polo da automóbil en España e que se segue caendo este sector, as consecuencias para a economía galega serán moi negativas. Asemade, indicou que este novo esforzo por potenciar a venda de vehículos é unha mensaxe de confianza para o resto de axentes do mercado, e que cando remate o ano, a Xunta seguirá tomando medidas para impulsar o sector automobilístico.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Concesionarios de Galicia (ACOAG), Emilio Pérez Nieto, destacou as dificultades que está a sufrir o sector coa crise económica e a subida do IVE. Tamén apuntou que os clientes deben ser conscientes de que esta campaña é un feito puntual e que Galicia é a única comunidade onde se manteñen as axudas á compra de vehículos.

Sociedade